Educación en valores

es - ca - eu - en - fr - it - pt


Consumista eu? Global Express. A actualidade na aula


Intermón Oxfam

Esta proposta didáctica está dirixida ao alumnado de secundaria. As actividades poden ser útiles para a área de cidadanía e dereitos humanos, de sociais, de ética, titorías, etc., e para calquera docente interesado no tema. Os obxectivos desta proposta son reflexionar sobre os padróns de consumo da nosa sociedade e analizar as consecuencias medioambientais e sociais do noso consumo.

Medrando sans: de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula


Medrando sans: de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula recolle a selección de exemplificacións didácticas para a elaboración de secuencias didácticas dirixidas á etapa de educación infantil que promovan a adquisición de hábitos saudables relacionados coa alimentación e a actividade física. Así, partindo de diferentes recursos: contos, cancións, adiviñas, obras pictóricas, celebracións de festa, etc., achéganse ás aulas diferentes contidos que incidan na boa alimentación e a necesidade da actividade física.

Medrando sans: de sentimento en sentimento... de emoción en emoción


Centrada no tratamento de contidos emocionais nas aulas, isto é, no tratamento da educación emocional. Este libro está dirixido ao profesorado que imparte educación infantil, pero considérase que pode ser de grande utilidade para o profesorado doutros niveis educativos.

O consumo responsable da auga: visita as escolas unitarias do C.R.A. Vedra-Boqueixón


O monitor Rubén Villasenín cos nenos e nenas do CRA Esta campaña foi deseñada por Rubén Villasenín, monitor de educación ambiental do Concello de Vedra, quen fixou como obxectivo principal a promoción dunha toma de conciencia crítica e sensible respecto da problemática do malgasto da auga tentando espertar n@s máis cativ@s un sentimento de responsabilidade na conservación dos recursos naturais e moi especialmente da auga.

O ensino en sociedades educadoras. Vertebrar a actividade escolar e extraescolar


Por Jurjo Torres Santomé

Os procesos de globalización aféctanlles tamén ás instituciones escolares. A medida que o mundo se converte nunha aldea global, os espazos con contornos moi marcados, con funcións exclusivas, preséntase cada vez máis desapropiados. Unha palabra ten na actualidade un grande potencial explicativo e de acción: redes. Unha sociedade rede é unha estrutura na que as súas instituóns e asociacións funcionan de modo flexible para adecuarse a unha sociedade con diferentes horarios, espaxos e ofertas para idéntificar tarefas; na que xa non é imprescindible estar facendo sempre o mesmo, con similares recursos, ás mesmas horas e nos mesmos días e espazos.

Un currículo optimisma fronte á desmemoria e o fatalismo


Jurjo Torres Santomé

Calquera reflexión sobre a problemática do que debe ser o traballo nas aulas, a planificación e desenvolvemento do currículo escolar obríganos a deternos no significado do coñecemento e as funcións que cumpriu e cumpre no momento e lugar concreto no que nos encontremos. A produción, difusión e utilización do coñecemento nas actuais sociedades é preciso contemplala tomando en consideración o modelo de sociedade no que vivimos e cómo desexamos que sexa no futuro. Existe unha forte coincidencia entre os analistas sociais en que o mundo produtivo está sufrindo grandes e aceleradas transformacións, algo que está deixándose sentir en todas as demais esferas sociais. Así, o forte peso das novas tecnoloxías, da economía e a importancia do coñecemento é o que leva a Manuel Castells (1) a falar dunha nova reestruturación do capitalismo, para dar paso ao que el denomina capitalismo informacional.

Unha páxina máis


María Reimóndez Meilán

A autora reflexiona sobre a imaxe das nenas nos libros infantís e xuvenís.

Sobre rosas e azuis na literatura infantil galega


Montserrat Pena Presas

Analiza a produción da literatura infantil galega nos anos setenta e o lugar ocupado polo sexismo nas obras publicadas nesa época.

Antía Cal Pedagoga e escritora: "Todo o meu mérito foi ser mestra"


Xan Carballa

"Hai que falar, non hai máis remedio. Antes de aprender xeografía ou calquera outra cousa os nenos teñen que saber expresarse e falan porque ti lle falas. O neno aprende a respectar porque ve que ti respectas. Non hai berros nin castigos, e cando hai problemas non se traballa até que se resolven". Son algunhas das ideas coas que a mestra Antía Cal (La Habana, 1923) expresa o seu ideario pedagóxico, o mesmo que lle serviu para, en plena Ditadura, construír unha experiencia escolar moderna, fundando no ano 1961, en Vigo, o colexio Rosalía de Castro.

Proxecto de innovación educativa "Polo monte"


O Proxecto de Innovación Educativa “POLO MONTE” convócase o 20 de Xaneiro do 2007, a inscrición está aberta ata o 20 de febreiro, e o traballo desenvólvese dende este momento ata maio, cando se presentan os resultados. Ten un recoñecemento de 30 horas para o profesorado participante.

’O son das buguinas’ A tsunami contada para os nenos


Implicadas/os no desenvolvemento

Un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND) como resposta á tsunami do 26 de decembro de 2004 que provocou a morte de máis de 300.000 persoas. Un material literario e audivosual que pretende axudar a reflexionar ao público xuvenil galego sobre as consecuencias desta catástrofe.

Os valores de Disney


Patricia Digón Regueiro. Vieiros da Escola

A imaxe de inocencia que nos vende Disney dificulta unha análise crítica de produtos como as películas Disney de debuxos animados. No entanto, analizando de forma crítica o contido destas historias podemos atopar numerosos estereotipos que reforzan valores sexistas, racistas e clasistas.

Moitollo! Sensibilización da prevención de riscos laborais na poboación escolar


O obxectivo desta iniciativa é acadar que dende as idades máis pequenas se interiorice a cultura da prevención, de tal xeito que á hora de enfrontarse nun futuro aos riscos laborais asuman a prevención dun xeito innato.

Os ecosistemas


Autora: Elena Peña Novás do C.E.I.P. de Arzúa

Para que os nenos chegasen a adquirir, de forma máis sinxela, os conceptos de hábitat, poboación, comunidade, ecosistema dos seres vivos que habitan nunha mesma zona, ocorréusenos decorar e distribuila clase cos diferentes ecosistemas, concretamente: o Polo Norte, o deserto, a selva, o mar e o campo.

Obxectivos do Milenio


ISCOD - FETE

Con esta guía quixemos facer unha homenaxe a todas as persoas, maiores e xoves que desafían a lei da fatalidade crendo no proxecto doutro mundo posible e invitarvos a contribuir neste grande proxecto que é OS OBXECTIVOS DO MILENIO. Ésta é unha guía para a esperanza e o compromiso. Cando a leas, pensa que non estamos sós, que non estamos soas. Agora mesmo nalgún recuncho do planeta alguén está sementando unha arbre, construíndo unha idea, revelándose contra unha inxustiza, percurando a paz, desafiando a enfermidade, loitando contra a fame, educando a unha nena.

¿Que facer ante unha marea negra?. WebQuest


Ester Vázquez Blanco e Luís Teira Parada. edugaliza.org

O que aquí presentamos é un proceso de investigación, e toma de decisións usando a rede. Está dirixido ao alumnado da ESO e niveis superiores, e persegue a consecución de ambiciosas finalidades. A nosa proposta só é un punto de partida, o verdadeiro traballo debe desenvolverse dentro das aulas.

Coeducación, de que vas?


Monografico. Andaina nº 10
Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº10 (decembro 1994), p. 21-44. Coeducación sentimental: espazo de amo; espazo de igualdade. Charo Altable Vicario. Co-educa o reforma?. Ramona Barrio Rodriguez. Do Colectivo de Mulleres Ensinantes "Do Rosa ao Violeta". Ensinar ciencias, (...)

Educaacción: cooperación, xénero e autoestima para todas as idades


A filosofía de Educaacción, o programa educativo creado por Lilith dentro da “Cultura Circula”, procura incidir nos chamados contidos transversais no sistema educativo, é dicir, na Educación en Valores.

Auga e cultura. Achegamento gráfico


Dirección e coordinación do proxecto: Soledad Pite. Consello da Cultura Galega

Recolle as ilustracións feitas por 73 alumnos da materia de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO do Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro de Santiago de Compostela que reflicten a súa visión sobre a problemática arredor da auga.

Violencia de xénero. Guía para o profesorado de educación infantil e primaria. Educar para previ-la


Autora: Graciela Hernández Morales

Os modos de entende-la masculinidade e a feminidade afectan ás relacións; algunhas destas maneiras son caldos de cultivo para a violencia, levan a unha falta de recoñecemento ó outro e á outra e constrúen unha barreira para a relación e o intercambio de e entre os sexos.