Convivencia


Aprende a convivir. Estarás máis a gusto, serás máis feliz. Unidad Didáctica.


Seminario Galego de Educación para a Paz

Se ben se incorpora nesta Unidade Didáctica unha profunda fundamentación teórica sobre a convivencia e sobre o marco escolar específico dela, e sendo a temática que se pode tratar baixo o epígrafe de "convivencia" moi ampla, para poder facer manual operativo con carácter de inmediatez, centramos o estudio nesta ocasión na "convivencia de xéneros" cunha exhaustividade mayor ao obsecto de que serva de guía para tratar calquer outro asunto e sobre todo de forma activa. Tamén se incorpora, en medida moito máis práctica aínda, outro bloque de dinámicas que tratan outros aspectos de interese no centro escolar.

A convivencia e a resolución de conflitos. Proposta dun plan experimental de convivencia.


Grupo de traballo do IES de Ames

Entendemos por convivencia escolar a interrelación entre os diferentes membros dun establecemento educacional, que ten incidencia significativa no desenvolvemeno ético, socioafectivo e intelectual de alumnos e alumnas. Esta concepción non se limita á relación entre persoas, senón que inclúe as formas de interacción entre os diferentes estamentos que conforman unha comunidade educativa, polo que constitúe unha construcción colectiva e é responsabilidade de todos os actores educativos senexcepción.

Agenda

<<

2010

>>

<<

Septiembre

>>

Hoy

LuMaMiJuViSaDo
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123