Consumista eu? Global Express. A actualidade na aula

Esta proposta didáctica está dirixida ao alumnado de secundaria. As actividades poden ser útiles para a área de cidadanía e dereitos humanos, de sociais, de ética, titorías, etc., e para calquera docente interesado no tema. Os obxectivos desta proposta son reflexionar sobre os padróns de consumo da nosa sociedade e analizar as consecuencias medioambientais e sociais do noso consumo.

O país dos mandóns, O segredo de Flora, A urna dos desexos: A igualdade conta

Los tres cuentos son los primeros pasos de una colección que lleva por nombre “A igualdade conta” (la igualdad cuenta) editados en gallego por la editorial Embora.

Medrando sans: de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula

Medrando sans: de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula recolle a selección de exemplificacións didácticas para a elaboración de secuencias didácticas dirixidas á etapa de educación infantil que promovan a adquisición de hábitos saudables relacionados coa alimentación e a actividade física. Así, partindo de diferentes recursos: contos, cancións, adiviñas, obras pictóricas, celebracións de festa, etc., achéganse ás aulas diferentes contidos que incidan na boa alimentación e a necesidade da actividade física.

Medrando sans: de sentimento en sentimento... de emoción en emoción

Centrada no tratamento de contidos emocionais nas aulas, isto é, no tratamento da educación emocional. Este libro está dirixido ao profesorado que imparte educación infantil, pero considérase que pode ser de grande utilidade para o profesorado doutros niveis educativos.

O consumo responsable da auga: visita as escolas unitarias do C.R.A. Vedra-Boqueixón

O monitor Rubén Villasenín cos nenos e nenas do CRA Esta campaña foi deseñada por Rubén Villasenín, monitor de educación ambiental do Concello de Vedra, quen fixou como obxectivo principal a promoción dunha toma de conciencia crítica e sensible respecto da problemática do malgasto da auga tentando espertar n@s máis cativ@s un sentimento de responsabilidade na conservación dos recursos naturais e moi especialmente da auga.

O ensino en sociedades educadoras. Vertebrar a actividade escolar e extraescolar

Os procesos de globalización aféctanlles tamén ás instituciones escolares. A medida que o mundo se converte nunha aldea global, os espazos con contornos moi marcados, con funcións exclusivas, preséntase cada vez máis desapropiados. Unha palabra ten na actualidade un grande potencial explicativo e de acción: redes. Unha sociedade rede é unha estrutura na que as súas instituóns e asociacións funcionan de modo flexible para adecuarse a unha sociedade con diferentes horarios, espaxos e ofertas para idéntificar tarefas; na que xa non é imprescindible estar facendo sempre o mesmo, con similares recursos, ás mesmas horas e nos mesmos días e espazos.

Guía de linguaxe non sexista

A lingua non é sexista, pero si o uso que dela facemos. A linguaxe é o medio a través do cal nos comunicamos, polo tanto reflicte o pensamento colectivo e con el estamos a transmitir unha gran parte da formar de pensar, sentir e actuar de cada sociedade.

Nosoutras Creamos Mundo

Ola, chámome Kalima e teño nove anos. A miña profesora explicounos hoxe que se vai celebrar o día Internacional das Mulleres. E que na ONU, ese edificio que parece unha enorme caixa de mistos adobiado coas bandeiras de todos os países, ten unha reunión moi importante para estudar se as nenas e as mulleres de todo o mundo se lles respectan os seus dereitos. ¡A Xogar! As nenas e os nenos viaxamos polo mundo.

A inmigración e os dereitos dos nenos e das nenas

Hoxe a escola abre as súas portas a todos os nenos e as nenas do mundo. Vimos de Ecuador, Marrocos, Colombia, Camerún, Polonia, Romanía, China, España... Traemos a nosa lingua, os nosos xogos, coñecementos, cancións e, o que é máis importante, os nosos soños. Os nenos e as nenas temos os mesmos dereitos, naceramos en España ou noutros lugares, sexan os nosos pais e nais españois ou doutros países.

Obradoiros de Corresponsabilidade

Con esa guía trátase de concienciar os homes para que redefinan o seu novo rol na sociedade, e especialmente no ámbito doméstico. Esta guía está orientada para traballar en obradoiros de corresponsabilidade para homes. Cada bloque ou unidade está estruturada da seguinte maneira: comézase cunha breve presentación, defínense os obxectivos que se pretenden acadar e remátase cunha serie de actividades. Con esta guía trátase de concienciar os homes para que redefinan o seu novo rol na sociedade, e especialmente no ámbito doméstico. O punto de partida é reflexionar sobre a desigualdade de xenero por iso, en principio analízase o repartimento do tempo no ámbito doméstico, un tempo que maioritariamente ocupan as mulleres.




Breves

+ Multimedia

Género y cooperación



Seminario Transnacional sobre Familias Interculturales. San Javier (Murcia)

El impacto en las familias binacionales y multiculturales de las políticas y comportamientos sociales. Enfoque psicosocial y jurídico en Italia y España - Francia y Alemania.

Foros Públicos sobre Buen Vivir en Colombia, Perú, Ecuador y Bolivia

Con el objetivo de fortalecer las alternativas del movimiento indígena sobre el Buen Vivir y los Derechos de la Madre Tierra, aportando al desarrollo de políticas públicas nacionales interculturales, la CAOI ha organizado Foros Públicos en Bolivia, Colombia, Ecuador y Perú, en los cuales se (...)

Blogosfera