Xogamos na igualdade. Conto infantil e proposta didáctica

O profesorado, as nais e os pais, temos, ante a infancia, a responsabilidade de favorecer o desenvolvemento integral nunha sociedade, na que os arquetipos masculino e femenino seguen presentes en tódolos ámbitos da vida. A proposta que lle presentamos, ten por obxecto contribuir a esta finalidade desde unha perspectiva pouco habitual: a igualdade de valoración entre os colectivos feminino e masculino.
As nenas e os nenos Xogando a ser maiores, isto é, a ser como mamá, papá a médica, o profesor... estan labrando, ó mesmo tempo que a súa identidade sexual, a súa identificación cun determinado colectivo de xénero.
As consideracóns presentadas, polo seu contido, trascenden un uso didáctico puntual, polo que coidamos que son suceptibles de adoptarse como eixes de traballo permanentes na estapa infantil.







