Medrando sans: de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula

Alumnado de 3 a 6 anos - hábitos saudables relacionados coa alimentación e a actividade física e unha adecuada educación emocional
Medrando sans: de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula recolle a selección de exemplificacións didácticas para a elaboración de secuencias didácticas dirixidas á etapa de educación infantil que promovan a adquisición de hábitos saudables relacionados coa alimentación e a actividade física. Así, partindo de diferentes recursos: contos, cancións, adiviñas, obras pictóricas, celebracións de festa, etc., achéganse ás aulas diferentes contidos que incidan na boa alimentación e a necesidade da actividade física.





