Ir a 2015 Ideas para cambiar el Mundo
      home

Get Adobe Flash player


Educación en valores

es - ca - eu - en - fr - it - pt


Antía Cal Pedagoga e escritora: "Todo o meu mérito foi ser mestra"
Xan Carballa

"Hai que falar, non hai máis remedio. Antes de aprender xeografía ou calquera outra cousa os nenos teñen que saber expresarse e falan porque ti lle falas. O neno aprende a respectar porque ve que ti respectas. Non hai berros nin castigos, e cando hai problemas non se traballa até que se resolven". Son algunhas das ideas coas que a mestra Antía Cal (La Habana, 1923) expresa o seu ideario pedagóxico, o mesmo que lle serviu para, en plena Ditadura, construír unha experiencia escolar moderna, fundando no ano 1961, en Vigo, o colexio Rosalía de Castro.




Auga e cultura. Achegamento gráfico
Dirección e coordinación do proxecto: Soledad Pite. Consello da Cultura Galega

Recolle as ilustracións feitas por 73 alumnos da materia de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO do Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro de Santiago de Compostela que reflicten a súa visión sobre a problemática arredor da auga.




Coeducación, de que vas?
Monografico. Andaina nº 10
Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº10 (decembro 1994), p. 21-44. Coeducación sentimental: espazo de amo; espazo de igualdade. Charo Altable Vicario. Co-educa o reforma?. Ramona Barrio Rodriguez. Do Colectivo de Mulleres Ensinantes "Do Rosa ao Violeta". Ensinar ciencias, inculcar novos valores a luz da coeducacion. Gloria Soneira. Mari Alvarez Lires. Pasado, presente e futuro da escola. Begoña Iglesias. Talleres coeducativos. Emilia Barrio Rodriguez. Literatura (...)


Consumista eu? Global Express. A actualidade na aula
Intermón Oxfam

Esta proposta didáctica está dirixida ao alumnado de secundaria. As actividades poden ser útiles para a área de cidadanía e dereitos humanos, de sociais, de ética, titorías, etc., e para calquera docente interesado no tema. Os obxectivos desta proposta son reflexionar sobre os padróns de consumo da nosa sociedade e analizar as consecuencias medioambientais e sociais do noso consumo.




Educaacción: cooperación, xénero e autoestima para todas as idades

A filosofía de Educaacción, o programa educativo creado por Lilith dentro da “Cultura Circula”, procura incidir nos chamados contidos transversais no sistema educativo, é dicir, na Educación en Valores.




Guía de boas prácticas en ciencia e tecnoloxía
Sercicio Galego de Igualdade

Esta guía foi elaborada coa finalidade de incrementa-lo uso transversal das novas tecnoloxías da información e da comunicación, a través de propostas didácticas concretas susceptibles de seren empregadas no ámbito científico tecnolóxico nos niveis de educación secundaria obrigatoria, bacharelatos e nos propios ciclos formativos.




Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria. 2004
Seminario permanente de educación para igualdade

No dossier ofrécese en primeiro lugar a ficha da obra, a súa portada, o lectorado ao que se dirixe, a descrición da historia que transmite o texto, facendo fincapé nos elementos que achega cara á igualdade, e un conxunto de suxestións didácticas que sirvan de orientación a quen ten como función a mediación.




Lanzadeira, una web con recursos dende unha perspectiva solidaria

O proxecto que presentamos pretende ser o instrumento co que tezamos unha nova rede na que teñan cabida as nosas necesidades, os nosos anceios e os nosos soños, as nosas reflexións; unha rede cómplice doutras irmás, aberta ao mundo e con ansias de medrar; unha rede deseñada para a comunicación, para a expresión e o desenvolvemento creativo; unha rede na que o intercambio de experiencias, o acceso á información e á dispoñibilidade de recursos terán lugar dende unha perspectiva solidaria.




Marea nera na escola

A escola non debe estar desligada da realidade. Desde edugaliza queremos manter informada a comunidade educativa galega, dar testemuña do labor desenrolado desde as escolas e aportar propostas para superar a marea negra que está a asolagar os corazóns e as almas de todos e todas




Medrando sans: de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula

Medrando sans: de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula recolle a selección de exemplificacións didácticas para a elaboración de secuencias didácticas dirixidas á etapa de educación infantil que promovan a adquisición de hábitos saudables relacionados coa alimentación e a actividade física. Así, partindo de diferentes recursos: contos, cancións, adiviñas, obras pictóricas, celebracións de festa, etc., achéganse ás aulas diferentes contidos que incidan na boa alimentación e a necesidade da actividade física.




Medrando sans: de sentimento en sentimento... de emoción en emoción

Centrada no tratamento de contidos emocionais nas aulas, isto é, no tratamento da educación emocional. Este libro está dirixido ao profesorado que imparte educación infantil, pero considérase que pode ser de grande utilidade para o profesorado doutros niveis educativos.




Moitollo! Sensibilización da prevención de riscos laborais na poboación escolar

O obxectivo desta iniciativa é acadar que dende as idades máis pequenas se interiorice a cultura da prevención, de tal xeito que á hora de enfrontarse nun futuro aos riscos laborais asuman a prevención dun xeito innato.




Nin Máis Nin Menos. A minusvalidez explicada aos nenos e ás nenas

O maior desexo das persoas con minusvalidez é a autonomía, así que todos debemos achegar o noso grao de area para axudarlles a conseguilo. A vosa participación será fundamental para avanzar na integración social das persoas con minusvalidez, para lograr así que a igualdade de oportunidades sexa real e efectiva.




O consumo responsable da auga: visita as escolas unitarias do C.R.A. Vedra-Boqueixón

O monitor Rubén Villasenín cos nenos e nenas do CRA Esta campaña foi deseñada por Rubén Villasenín, monitor de educación ambiental do Concello de Vedra, quen fixou como obxectivo principal a promoción dunha toma de conciencia crítica e sensible respecto da problemática do malgasto da auga tentando espertar n@s máis cativ@s un sentimento de responsabilidade na conservación dos recursos naturais e moi especialmente da auga.




O ensino en sociedades educadoras. Vertebrar a actividade escolar e extraescolar
Por Jurjo Torres Santomé

Os procesos de globalización aféctanlles tamén ás instituciones escolares. A medida que o mundo se converte nunha aldea global, os espazos con contornos moi marcados, con funcións exclusivas, preséntase cada vez máis desapropiados. Unha palabra ten na actualidade un grande potencial explicativo e de acción: redes. Unha sociedade rede é unha estrutura na que as súas instituóns e asociacións funcionan de modo flexible para adecuarse a unha sociedade con diferentes horarios, espaxos e ofertas para idéntificar tarefas; na que xa non é imprescindible estar facendo sempre o mesmo, con similares recursos, ás mesmas horas e nos mesmos días e espazos.




Obxectivos do Milenio
ISCOD - FETE

Con esta guía quixemos facer unha homenaxe a todas as persoas, maiores e xoves que desafían a lei da fatalidade crendo no proxecto doutro mundo posible e invitarvos a contribuir neste grande proxecto que é OS OBXECTIVOS DO MILENIO. Ésta é unha guía para a esperanza e o compromiso. Cando a leas, pensa que non estamos sós, que non estamos soas. Agora mesmo nalgún recuncho do planeta alguén está sementando unha arbre, construíndo unha idea, revelándose contra unha inxustiza, percurando a paz, desafiando a enfermidade, loitando contra a fame, educando a unha nena.




Os ecosistemas
Autora: Elena Peña Novás do C.E.I.P. de Arzúa

Para que os nenos chegasen a adquirir, de forma máis sinxela, os conceptos de hábitat, poboación, comunidade, ecosistema dos seres vivos que habitan nunha mesma zona, ocorréusenos decorar e distribuila clase cos diferentes ecosistemas, concretamente: o Polo Norte, o deserto, a selva, o mar e o campo.




Os valores de Disney
Patricia Digón Regueiro. Vieiros da Escola

A imaxe de inocencia que nos vende Disney dificulta unha análise crítica de produtos como as películas Disney de debuxos animados. No entanto, analizando de forma crítica o contido destas historias podemos atopar numerosos estereotipos que reforzan valores sexistas, racistas e clasistas.




Por preguntar que no quede. Libro del profesorado

Guía de orientación y apoyo para trabajar en el aula con infantil y primaria los cuadernillos de educación en valores de la colección "Por preguntar que no quede" con materiales sobre educación para la paz, inmigración, igualdad, salud, medioambiente, etc.




Proxecto de innovación educativa "Polo monte"

O Proxecto de Innovación Educativa “POLO MONTE” convócase o 20 de Xaneiro do 2007, a inscrición está aberta ata o 20 de febreiro, e o traballo desenvólvese dende este momento ata maio, cando se presentan os resultados. Ten un recoñecemento de 30 horas para o profesorado participante.




Seminario Galego de Educación para a Paz

Seminario Galego de Educación para a Paz naceu en 1985 como un Seminario Permanente promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino (desde a educación infantil ata a universidade) sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a Educación para a Paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos, a interculturalidade ou a Cultura de Paz.




Sobre rosas e azuis na literatura infantil galega
Montserrat Pena Presas

Analiza a produción da literatura infantil galega nos anos setenta e o lugar ocupado polo sexismo nas obras publicadas nesa época.




Somos Acó
Escolas do rural - Galicia

Somos Acó from Filmika Galaika on Vimeo.




Un currículo optimisma fronte á desmemoria e o fatalismo
Jurjo Torres Santomé

Calquera reflexión sobre a problemática do que debe ser o traballo nas aulas, a planificación e desenvolvemento do currículo escolar obríganos a deternos no significado do coñecemento e as funcións que cumpriu e cumpre no momento e lugar concreto no que nos encontremos. A produción, difusión e utilización do coñecemento nas actuais sociedades é preciso contemplala tomando en consideración o modelo de sociedade no que vivimos e cómo desexamos que sexa no futuro. Existe unha forte coincidencia entre os analistas sociais en que o mundo produtivo está sufrindo grandes e aceleradas transformacións, algo que está deixándose sentir en todas as demais esferas sociais. Así, o forte peso das novas tecnoloxías, da economía e a importancia do coñecemento é o que leva a Manuel Castells (1) a falar dunha nova reestruturación do capitalismo, para dar paso ao que el denomina capitalismo informacional.







 

     
©2005 - 2012